Sen mingua da súa orixinalidade nin do seu sabor intensamente galego (e mesmo intensamente ourensán), O libro cero de Jorge Emilio Bóveda podería ser moi ben a novela que Jorge Luis Borges nunca escribiu (por certo, reparemos na semellanza dos nomes, detalle non baladí cando esta novela trata o tema das sincronías)... A complexa relación entre soño e vixilia (ou entre ficción e realidade), os misterios do fado e o humor son outros temas que nos presenta este libro, que tamén nos ofrece unha viaxe dende a nosa terra ata unha Neverland retranqueira, con escalas en Madrid, Londres e Atenas. Non imos negar que é un libro “raro”, pero non esquezamos que sen rareza non hai beleza. Por iso (e por outras moitas cousas) tamén é un libro fermoso… mesmo cando nos lembra que os personaxes ficticios tamén teñen que ir ao baño de cando en vez.
Francisco J. Fontenla (escritor e profesor de lingua e literatura)
O libro na páxina web da Editorial Galaxia:
Crítica literaria de O libro cero na Radio Galega por parte de Armando Requeixo:
http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-20-04-2021-4967462
Crítica literaria de X. Manuel Eyré no blog Ferradura en Tránsito:
https://ferradura.blog/2021/04/20/critica-de-o-libro-cero-de-jorge-emilio-boveda/
Entrevista no xornal Barrios de Ourense:
Recomendación de Ramón Nicolás
Crítica de Martinez Bouzas para o Faro de Vigo