Pages to the People

NOVO LIBRO EN LIBRARÍAS!!!

BENVIDOS À PAXINA PERSOAL DO ESCRITOR OURENSÁN JORGE EMILIO BÓVEDA. LITERATURA. O PENÚLTIMO CHANZO NUNHA ESCALINATA QUE NON NOS HA CONDUCIR A NINGURES. LITERATURA E ALGO MÁIS.

 

BIENVENIDOS A LA PÁGINA PERSONAL DEL ESCRITOR OURENSANO JORGE EMILIO BÓVEDA. LITERATURA. EL PENÚLTIMO ESCALÓN DE UNA ESCALINATA QUE NO NOS LLEVARÁ A NINGÚN LUGAR CONCRETO. LITERATURA Y ALGO MÁS.

A HABITACIÓN SECRETA

 

 

Esta novela, como todo o que escribe Bóveda, é un cuarto de meditación. Novela que reflexiona sobre a incomunicación e soidade (Castro), a derrota (Hernández) e, tamén, a esperanza: o estímulo do amor, ou algo parecido. Unha novela de interiores que navega o océano, tantas veces gris, dos sentimentos.

 Xosé Carlos Caneiro (escritor)

 

A ironía das cousas que nos ocorren, a paixón por vivir autenticamente… nunha novela excelente onde o fío de ouro común é o que debemos considerar en íntima posesión.

Javier González Lamela (editor) + INFO

AFORISMO LIMITADO. DE PENSAMENTO E SENTIDO COMÚN

Este aforismo é limitado por un xeito de dicir que o numero de aforismos do meu foro ten un límite concreto e reducido, e probablemente todos viran en torno ás mesmas ideas e algúns deles non son descubrimentos orixinais, pois a carreira da humanidade xa me levaba unha vantaxe importante.

 

 Este aforismo é limitado porque pode que ás veces non cheguen á categoría de aforismo e se queden na de “frases del maestro ciruela” (que non sabía ler e puxo “escuela”), ou polas limitacións intelectuais que eu teño a diferencia da forma de rexer das grandes mentes que deixaron para a posteridade tantos aforismos e tan bos (quizais dos de verdade).

 

+ info (descarga de balde)

RIP VAN WINKLE, UNHA FÁBULA DO TEMPO EN INGLÉS E GALEGO

Milagros Torrado Crespón (limiar)

David G. Couso (tradución)

Jorge Emilio Bóveda (debuxos)


Rip, un home de vida sinxela, un cheíñas temeroso da súa muller, vai ata a montaña onde é fascinado por un vello vestido de danés. Nin a Rip nin a Peter os enfeitizan unhas sereas coma as de Odiseo co seu belo canto, nin unha fermosa moura que custodia un tesouro: eles caen polo alcol que lles ofrecen un grupo de homes. Esta beberaxe fai que Rip teña a sensación de que durmiu unha noite, pero en realidade, son vinte anos os que se ausenta. O panorama que atopa cando volve é moi diferente ao que deixara: a colonia británica na que vivía é agora parte dos Estados Unidos de América. +info