SPEAKENGLESS

 

Speak Engless é un proxecto de retranca en inglés americano, pensado por Patrick S. Davis e George E. Vault. Trátase de dicir o máximo número de palabras cunha soa imaxe, e botar unhas risas, por suposto. Co tempo se materializará en empresa de camisolas.

 

Speak Engless es un proyecto de retranca en inglés americano, parido por Patrick S. Davis y George E. Vault. Se trata de decir el mayor número de palabras con el menor dibujo, y echarse unas risas, por supuesto. Con el tiempo se convertirá en tienda de camisetas.  www.speakengless.com

AQUÍ UNAS MUESTRAS DE CUTRERÍO EN SU MÁXIMO ESPLENDOR

SOMBRAS NO BERCE

 

 

Participei neste libro colectivo de relatos infantís con trasfondo escuro co meu antigo relato (renovado) Le fígado ou a sorpresa. A portada foi debuxada polo xenial Grial Bravo e cada un dos participantes no proxecto tivemos a oportunidade de facer nosa propia ilustración.

Aquí abaixo está a miña, que amosa miñas carencias en formación artística, pero, tendes visto unha serie de debuxos de moito éxito chamada Peppa Pig?

RIP VAN WINKLE, UNHA FÁBULA DO TEMPO EN DOUS IDIOMAS

Participei, por primeira vez na miña vida, como ilustrador neste libro.

14x16

145 páxinas

Limiar de Milagros Torrado Cespón

Tradución de David G. Couso

Ilustracións de Vault.

 

Edición bilingüe Inglés-Galego

 

Rip, un home de vida sinxela, un cheíñas temeroso da súa muller, vai ata a montaña onde é fascinado por un vello vestido de danés. Nin a Rip nin a Peter os enfeitizan unhas sereas coma as de Odiseo co seu belo canto, nin unha fermosa moura que custodia un tesouro: eles caen polo alcol que lles ofrecen un grupo de homes. Esta beberaxe fai que Rip teña a sensación de que durmiu unha noite, pero en realidade, son vinte anos os que se ausenta. O panorama que atopa cando volve é moi diferente ao que deixara: a colonia británica na que vivía é agora parte dos Estados Unidos de América.

RECENSIÓN DO LIBRO POR PARTE DE RAMÓN NICOLÁS