DE QUEN ME TRATO?

JORGE EMILIO BÓVEDA

 

ONTE

Mal estudante, axente de seguros, peón industrial, limpador en fábricas, auxiliar de produtos de libre servizo, repoñedor de bazar pesado e lixeiro, mecanógrafo por encargo, enquisador, cantante e compositor, baixista de rock, profesor de informática, preparador de inglés en academia, profesor particular a domicilio, deseñador ... manchador na sombra de centos de papeis.

 

HOXE

Escritor por vocación, lector voraz, mestre de inglés por profesión e debuxador afeccionado.

 

 

Formación

- Diplomado en maxisterio pola rama de Lingua Estranxeira: inglés.

- Nivel C1 Trinity College London.

- Habilitado na especialidade de Lingua e literatura castelás.

- Oposición ao corpo de mestres pola rama de inglés gañada en Xullo de 2002.

- Cursos de formación variados  que van da informática educativa á creación literaria pasando pola robótica e a programación.

- Estudos de psicopedagoxía (plan vello).

 

 Dedicación actual

- Escritor de narrativa, ensaio e aforismos.

- Escritor membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega ( http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor342 ).

- Relator de cursos de creación literaria.- Relator en xornadas sobre experiencias educativas.

- Mestre de lingua inglesa (curso 2018-2019).

- Debuxante tiras cómicas en xornal Barrios.

- Deseñador gráfico por amor ás cores.

 

Premios literarios

- Do peirao de novela 2018 por Eternos Propietarios.

 

 

+ info na wikipedia