O MONSTRO DE ILLE EN RADIO ALLARIZ

 

Tivemos unha distendida conversa arredor da publicación de O Monstro de Ille no programa Banda Aparte 2.0 de Radio Allariz cos xeniais Iván Quintana e Mónica Vázquez. Marabillosa xente e amantes do saber, coma min.

 

A entrevista aquí.

O CUBIL DAS LETRAS EN LERMOS.GAL

 

 

 

Lermos.gal, a web literaria galega e en galego falou do meu nicho de traballo na súa sección adicada aos cubís dos creadores. Eis unha pista de como é meu mircromundo. AQUÍ.

PRESENTACIÓN DE "LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS" DE RAMÓN CARIDE

 

 

Presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride, publicado en Xerais. No acto acompaña ao autor Jorge Emilio Bóveda.

 

Poñendo as entrañas da literatura de Caride en máis palabras.

CONTOS ESTRAÑOS 9

 

 

A participación no múmero 9 do Contos Estraños encheume de ledicia, xa que o relato longo Heorot é unha das miñas propostas máis emocionais. Contei desta volta coa aportación dunha ilustración por parte do meu amigo o artista Josef mendez (www.artehorror.com) que fixo un traballo a lápis espectacular.

Heorot é unha proposta de ficción científica dura que segundo o primeiro lector, Manuel Ángel Gayoso, ten un final sorprendente.

CLUBE DE LECTURA ARREDOR DE "DIVINA DE LA MUERTE"

 

 

O 26 de febreiro de 2016, venres, ás 19:30 estiven na libraría Couceiro de Compostela falando con lectores de Divina de la muerte: Asasinato no centro comercial. Todo baixo a grande aperta do club de lectura de Couceiro coa grande Alicia López á fronte. Pasámola ben e eu persoalmente aprendin moitas cousas de literatura.

CONTOS ESTRAÑOS: VIEIROS DO MAÑÁ

 

 

 

Participei no numero 7 de Contos Estraños co grupo de relatos titulado Xeonautas. Un feixe de relatos de prosa ensaística con tinturas de Ciencia Ficción dura.

Compartin espazo con outros autores xa coñecidos ao redor das propostas literarias da editorial Urco. Penso que este foi o último número de Contos Estraños como editora independente antes de fusionarse con Urco. Un pracer participar.

NOVELA GRIS: A MORTE VÉN EN CHANCLETAS


Con este mes de marzo do 2015 aparece A morte Vén en Chancletas. Unha novela que trae unha manchea de problemas novos para o ex vixilante xurado de Divina de la muerte.

Trátase dun libro especial, que pode lembrar ás novelas policiais de Bruguera dos anos 50 impresas en papel barato, ou ás dime novels polo deseño da capa e/ou polo contexto xeral da historia mais, se te achegas a ela, comprobarás que é ben diferente, orixinal, evocadora e por momentos simbólica.

PONTEVEDRA: AS VIAXES NO TEMPO EN LITERATURA

INAUGURACIÓN DAS XORNADAS ROMASANTA 2014 CON RAMÓN CARIDE

FALADOIRO NO FANCINE DE LEMOS ARREDOR DOS ARQUETIPOS DO TERROR

 

 

No pasado festival de cinema fantástico de Monforte, o Fancine de lemos, ofrecin un faladoiro, acompañado do meu editor de Urco David Cortizo, sobre os tres arquetipos de terror máis coñecidos: Vampiros, zombis e o sangue considerado arquetipo. Foi unha experiencia entrañable e botamos unhas boas gargalladas.

ENTREVISTA EN TELEMIÑO POR O SOL DO PASADO


Pequena entrevista sorpresa co gallo da publicación de meu libro de distopía O sol do pasado. O presentador é o incombustible Enrique Martí Maqueda, e o programa titúlase 'Leer es un placer' que se emite en Telemiño e na televisión local de Compostela. Video

NOVA NOVELA: O SOL DO PASADO

 O pasado 1 de maio do 2014 presentouse a novela en Santiago de Compostela. Na feira do libro. Acompañado do editor David Cortizo e o tamén escritor Tomás González Ahola, que presentaba seu libro Alaia e a deusa. En Xuño foi presentada na feira do libro de Ourense, con David Cortizo e con bastante afluencia de público  +INFO

FALADOIRO SOBRE O RELATO POLICIAL NA "LABORAL" DE OURENSE

FALADOIRO 'INSÓLITO' AO REDOR DE 'A XANELA INSÓLITA'

 

Tivemos un faladoiro "insólito" ao redor da miña historia reducida da ficción científica literaria A xanela insólita. E rematamos por perfilar entre todos os presentes unha dimensión nova para este xénero literario.

PRESENTACIÓN EN TRIVES DO LIBRO DE LUÍS AHIJADO

 

Presentamos en Trives o libro do poeta madrileño/ourensán El baúl del eterno reproche. Acompañamos ao autor Ramsés Torres, xornalista de Ourense por Barrios, Pablo Feijoó, creadro da Rockipedia e un servidor. Foi un acto distendido e moi sincero.

ESPECIAIS LITERARIOS EN TELEMIÑO

Grabei tres especiais para a canle local de televisión Telemiño. Duran escasamente cinco minutos cada un, versan sobre Novela negra, Ficción científica e terror na literatura e estánse emitindo de xoves en xoves no programa, que tamén se pode ver na tele local de Santiago, Leer es un placer:

 

Terror literario

Ficción cientifica

LIBRO DE LUÍS AHIJADO EN "EL CERCANO"

 

O pasado 27 de Decembro do 2013 presentei no Cercano, Ourense, o primeiro libro do meu amigo poeta Luís Ahijado El baúl del eterno reproche.

Foi un acto sincero e emotivo e tanto o público asistente como nolos dous arroupámonos mutuamente.

Auguro unha longa e frutífera carreira literaria a Luís.

DIVINA DE LA MUERTE NO CULTURGAL 2013 (PONTEVEDRA)

 

Presentamos a novela curta de escarnio e maldizer Divina de la muerte: asasinato no centro comercial, no pasado Culturgal celebrado en Pontevedra o pasado decembro do 2013. Estiveron ao meu carón o prolífico escritor multilingüe Pere Tobaruela e miña editora de Enxebrebooks Aly Romero. Foi un acto discreto, pero digno de ser lembrado.

PRESENTACIÓN DE A XANELA INSÓLITA EN BIBLOS (BETANZOS)

 

O pasado setembro do 2013 meu editor en Urco, David Cortizo, máis eu íamos presentar A Xanela insólita na libraría Biblos de Betanzos, pero o acto rematou nunha conversa cercana con selectos escolleitos tomando unhas cervexas. Entre os escolleitos se atopaba Manuel Bustabad Alonso, compañeiro de colexio ao que non vía dende facía máis de vinte anos e o escritor Tucho Calvo, que está ligado á ficción científica por un libro que publicara alá polos anos oitenta.

 

CONTOS ESTRAÑOS 6: LENDAS DE GALLAECIA

 

 

 

O pasado 11 de agosto do 2013 presentouse na feira do libro da Coruña o número 6 do libro Contos estraños. Desta volta dedicado ás lendas da Gallecia. Participei gostosamente nel cun conto histórico (completamente baseado na realidade) titulado Vampiros no Eirado e cun microconto sobrenatural con título Mamá.

DIVINA DE LA MUERTE: ASASINATO NO CENTRO COMERCIAL

 

 

Novela erótico festiva (inda que negra coma a noite), que ía ser publicada co seudónimo Miguel Vásquez Beltran. Seu título é en castelán a pesar de que a obra está escrita en galego, e narra as peripecias dun segurata de centro comercial que topa un morto nunha das súas rondas rutinarias e non se lle ocurre mellor cousa que "investigar" pola súa conta ao longo e ancho das instalacións do centro para dar co responsable e, de paso, para gañar enteiros co cacique da cidade para acadar un traballo de máis enxunlla.

A XANELA INSÓLITA NA LIBRARÍA "LA LIBRERÍA"

 

 

 

Presentamos A xanela insólita na libraría "La librería" de Ourense, nun ambiente se selectos escollidos admiradores do xénero da Ficción Científica. Primeiro falou, meu amigo e infatigable escritor e poeta José Antonio Santos, logo Ramón Caride Ogando, autor do limiar e adaíl da Ficción Científica en Galicia e en galego.

A XANELA INSÓLITA NA FEIRA DO LIBRO DE OURENSE

 

 

 

O día 8 de xuño do 2013 presentamos A xanela insólita na feira do libro de Ourense xunto cos libros seguintes: Contos de sombras, de Ariza Piñeiro. Galiza mutante: poder nuclear, de Tomás González Ahola, e O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando Cimadevila.

A XANELA INSÓLITA

 

 

O día 8 de xuño do 2013 viu a luz meu novo libro: A Xanela Insólita. Unha historia reducida da ciencia ficción literaria. Obxectos fabulosos identificados. Trátase dun breve repaso aos aspectos literarios previos á conformación do xénero no século XX (dende o 6000 AC á actualidade) , cunha parada obrigatoria na ficción científica na Galicia (que a hai). Xa se está a distribuir en librarías.  +INFO

SINATURA DE LIBROS

O 23 de abril do 2013 asinei libros na rúa do Paseo de Ourense co gallo do día do libro e ao aveiro da libraría La Región. En principio ía asinar exemplares de todas miñas publicacións profesionais ata aquel intre (A vila das ánimas, A habitación secreta e A xanela escura), pero finalmente só asinei esta última.

 

Imaxes en movemento aquí: http://www.youtube.com/watch?v=JFcyCx1A_8U

LIBRO COLECTIVO DIXITAL SOMBRAS NO BERCE

 

 

 

Participación no libro colectivo dixital Sombras no berce co relato titulado Le fígado ou a Sorpresa, que realmente se trata dunha traducción do relato en castelán La sorpresa preparada, escrito alá polo ano 2000.

Compartín a autoría deste fermoso proxecto cunha morea de bos escritores xurdidos da canteira da publicación Contos estraños.

+ info

PARTICIPACIÓN NO NÚMERO 3 DE CONTOS ESTRAÑOS

 

 

 

Tiven a honra de participar no número 3 da revista Contos Estraños. Aportando o relato titulado A familia do tempo. A publicación estivo dedicada á ficción científica en xeral, e particularmente á memoria do recentemente finado Ray Bradbury. +info

FALADOIROS VAMPÍRICOS NO CPI DE PADRENDA

Fixen meu segundo faladoiro vampírico, logo de terlles falado a ano pasado aos rapaces do CPI de Ribadavia do vampiro no folclore, na literatura e no cine. Tratouse desta volta no CPI de Padrenda e consistiu nunha fala distendida sobre a evolución do vampiro a través do mundo dende o folclore das civilizacións previas á sumeria ata as achegas "soft" dos vampiros adolescentes de Crepúsculo. A verdade pasámolo ben. +FOTOS

ENTREVISTA NO PROGRAMA DE TELEMIÑO "LEER ES UN PLACER"

 

 

Enrique Martí Maqueda entrevistoume amplamente sobre miñas motivacións literarias e a xénese do meu oficio. O programa titúlase Leer es un placer e foi emitido en Teleminho en abril do 2012. Podedes ver os vídeos íntegros na sección desta web Entrevistas e mencións

PARTICIPACIÓN NOS "BREVIARIOS" DE LITERAURIA

 

 

Xerardo Méndez tivo a xenial idea de publicar relatos de escritores ourensáns a xeito de separatas para vendelos na feira do libro de Ourense (2012) ao módico prezo de 1 euro. Eu participei co meu relato Retorno a Lethes. Participamos varios autores ourensáns.

PRESENTACIÓN "A HABITACIÓN SECRETA" NO LICEO

Presentei miña novela A Habitación Secreta no liceo de Ourense. Acompañado do meu editor David G. Couso e do xestor cultural e amigo J. A. Santos. Foi un encontro íntimo no que falei do leit motiv do libro, así como da existencia de unha habitación secreta dentro de cada un de nós. + INFO

PARTICIPACIÓN NO NÚMERO 1 DA REVISTA CONTOS ESTRAÑOS

 

 

Participei no volume 1 de Contos Estraños, da editora santiaguesa do mesmo nome, co relato titulado Sentenzas de Volta. Lido en televisión, nunha canle local. Un relato que podedes escoitar aquí directamente dende a miña voz doce e meliflua:

 

http://www.youtube.com/watch?v=NCQCmwuKSNs

PRESENTACIÓN DE "A XANELA ESCURA" EN OURENSE

 

 

O pasado mes de febreiro fixen a segunda presentación do meu libro A Xanela Escura: tres arquetipos do terror no cinema. Foi na libraría Torga e estiven presentado-acompañado polo escritor cinematográfico Valentín Barreiros. +INFO

PRESENTACIÓN DE "EXOGAMIA 0.3" E "EL FRÍO AZUL", DE RAMÓN CARIDE

O pasado 29 de decembro do 2011 presentei en Allariz, na fundación Vicente Risco, o libro de relatos de Ramón Caride, Exogamia 0.3 xunto co autor, Caride, Manuel Bragado, Manolo Busto e Alberto Canal. Foi un acto case intimista rodeados polos achegados de Ramón. Emotivo e sincero. Ramón, por se alguén non o sabe, é o paradigma da literatura de ficción científica feita en galego. Un xénero (non me gusta nada esta palabra) popular que hai que reivindicar por supoñer un fondo peso reflexivo e ir coas súas ideas alén da banalidade da evasión pura.

PUBLICACIÓN DE "A HABITACIÓN SECRETA"

O día 19 de decembro A habitación secreta chega ás librarías. Trátase dunha historia íntima perxeñada no 2004 logo dunha conversa con Valentín Barreiros. Nela Antón CAstro, un viúvo de cincuenta anos, sofre por non poderse desprender dunha chea de palabras que habitan seu foro interno. E mentres o intenta namora dunha muller trinta anos máis nova ca el... (máis info).

PRESENTACIÓN DE "AFORISMO LIMITADO"

O pasado xoves 29 de setembro presentei meu libro de aforismos Aforismo limitado. De pensamento e sentido común, na biblioteca pública da ponte. E o que en principio estaba pensado como un acto para adultos no que exporía miñas motivacións para escribir refachos de pensamento, converteuse nun encontro familiar improvisado, gracias á asistencia dun bo número de nenos e nenas de entre seis e once anos.

Aparte destaqueilles a importancia da constancia, o empeño e o traballo diario á hora de levar a bo porto calquera tipo de obra, e compareilles o libro de pensamentos cun caderno de debuxos no que eles supostamente pintaran as cousas bonitas da realidade.

Agradezo a presenza de Círculo poético orensano e de José Antonio Santos ao meu carón.

Veño de publicar con liberlibro (autoeditar e autofinanciar) meu libro de pensamentos AFORISMO LIMITADO de pensamento e sentido común. Nuns días farei a presentación física aos medios en Ourense e apoiado polo Círculo Poético Ourensán. O libro completo xa o podedes descargar de balde dende esta web. En plena difusión cultural de balde. + INFO

 

 

 

Veño de colaborar como ilustrador no libro Rip Van Winkle. Unha fábula en edición bilingüe Inglés e Galego. Supuxo para min toda unha nova experiencia. Máis info

PRESENTACIÓN D' A XANELA ESCURA NA FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO

 

 

Onte presentei a Xanela Escura cun dos meus editores de Urco, Denís. Chovía aos caldeiros, e foi unha velada moi acolledora baixo unha carpa encol da que repenicaba a choiva. Tentarei subir o audio á web tan cedo como poida. Gracias a todas e todos.

+ INFO

FALADOIROS VAMPÍRICOS NO CPI DE RIBADAVIA (OURENSE)

 

 

 

Hoxe (2-5-2011) rematei os faladoiros ao alumnado da ESO do CPI Tomás de Lemos sobre a concepción histórico-folclórico-literario-cinematográfica do vampiro. Dende os sumeros á saga Crepúsculo.

ENCONTRO NACIONAL DE ESCRITORES E ESCRITORAS NO IES DE CELANOVA

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Plataforma en defensa do uso público do Mosteiro de Celanova organizan para o vindeiro sábado, 9 de abril, un encontro de escritores e escritoras galegos que terá lugar no espazo que ocupa o IES no Mosteiro. 

PRESENTACIÓN EN TORGA DE "EN DEFENSA DO POLEIRO"

 

 

 

Estivemos en Torga (Ourense) o 6 de abril do 2011 Domínguez Alberte como coordinador do libro, Álvaro Lago, Teresa Devesa e Jorge Emilio Bóveda, no nome de todos os que participamos na elaboración deste libro, para reclamar o uso público do mosteiro de Celanova; para evitar que as gadoupas da especulación o privaticen e o convertan só nun privilexio de minorías.

PRIMEIRO LIBRO EN GALEGO SOBRE A HISTORIA DO CINEMA DE TERROR!

 

 

 

Continuando coa Colección Alcaián, nesta ocasión comprácenos presentarvos o segundo título dos nosos autores galegos. Trátase d'A xanela escura. Tres arquetipos de terror no cinema, un ensaio que percorre tres tópicos fundamentais do cinema de terror: os vampiros, o sangue e os zombis. Desde unha perspectiva moi amena, Jorge Emilio Bóveda permítennos comprender as bases dos tópicos fílmicos dos que tanto gustamos. (Os editores)

 

Máis info

CERTAME POÉTICA NA HONRA A ROSALÍA. TORGA 24 FEBREIRO 2011

PARTICIPACIÓN NO VOLUME DE RELATOS "RELATO EXPRESS 2010"

 

 

 

Xa está á venda na libraría Torga de Ourense, o libro de relatos rápidos saído nas cuartas xornadas de escritores ourensans. O volume escribiuse e encadernouse nunhas poucas horas. Miña aportación é un contiño titulado Non se ama coma antes, e comparto libro con Belén de Andrade, Ramón Caride, Alba Cid, Xosé Carlos Dominguez Alberte, Chisco Fdez Naval, Camilo Franco, Álvaro Lago, Marco Valerio, Xerardo Méndez, José Lino Monjardín, Eva Moreira e Juan Tallón.

A VILA DAS ÁNIMAS NA FEIRA DO LIBRO DE GUADALAJAR, MÉXICO.

A vila das ánimas estivo coa súa editora, Toxosoutos, na Feira Internacional do libro de Guadalajara, en México, do 27 de novembro ao 6 de decembro.

Máis información:

 

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/12/05/0003_8891230.htm

 

http://certo.posterous.com/cultura-a-editorial-noiesa-toxosoutos-partici

URCO EDITORA PUBLICARA MIÑA "XANELA ESCURA"

 

A editorial de Santiago de Compostela Urco Editora, publicara en breve a obra A XANELA ESCURA. TRES ARQUETIPOS DO TERROR NA CINEMA. SANGUE, VIDA, E VIDA TRALA VIDA. Na sua coleccion Alcaian.

SEGUNDA PRESENTACIÓN NOVELA "A VILA DAS ÁNIMAS"

 

 

 

 

 

Co gallo dos sétimos encontros  de escritores ourensans fixen a segunda presentación da novela A Vila das Ánimas. Ao abeiro do gremio Literauria, A AELG e o Liceo de Ourense. A presentación esta baseuse nos meus azos por amosar ás persoas interesadas o que é a novela e mais o que non é.

PARTICIPACIÓN NO VII ENCONTRO DE ESCRITORES DE OURENSE

"A VILA DAS ÁNIMAS" NA FEIRA DO LIBRO DE FRANKFURT

A VILA DAS ÁNIMAS EN "PALABRA DE AUTOR" O 20/10/10

 

A vila das ánimas saíu no programa da televisión de Galicia Palabra de autor o 20 de Outubro do 2010. Podedes ver o vídeo na sección sobre esta novela na web: A Vila das Ánimas

PRESENTACION DA NOVELA A VILA DAS ANIMAS

Mais detalles no apartado dedicado a novela dentro desta web: A VILA DAS ANIMAS

PRIMEIRA PRESENTACIÓN DE "A VILA DAS ÁNIMAS" O 16 DE SETEMBRO

 

 

A primeira das presentacións da novela A VILA DAS ÁNIMAS (das tres que pode haber), será o día 16 de setembro do 2010, xoves, ás 17:00 horas, na libraría Duen de Bux da Praza Maior de Ourense. Todo coa inestimable compañía dos membros do Círculo Poético Ourensán. Agardámosvos a todos!

"A VILA DAS ÁNIMAS" EN LIBRARÍAS A PARTIRES DE AGOSTO DO 2010

 

 

 

A partires do mes de agosto do 2010 a novela A VILA DAS ÁNIMAS estará nas librarías de Galicia. Mais información da novela aquí.

ACTUALIZACIÓN DE PÁXINA A 24 DE XULLO DO 2010

CHEGA A PUBLICACIÓN DE "A VILA DAS ÁNIMAS"

 

 

Chegou o momento. A publicación da miña segunda novela en galego A VILA DAS ÁNIMAS é inminente. Non me pensen pretensioso, pero tiña que ser. Quintela e as súas personaxes irán á vida; a darse, e quizais (que mais quixera eu) a persuadir.

EN DEFENSA DO POLEIRO. LIBRO COLECTIVO

O vindeiro sábado 26 de xuño do 2010 preséntase na biblioteca do instituto de Celanova (Ourense) o libro EN DEFENSA DO POLEIRO. A VOZ DOS ESCRITORES GALEGOS EN CELANOVA. Obra colectiva na que participo co relato O Libro Común e feita coa fin de evitar que se privatice o mosteiro de Celanova; que os raposos metan as mans noutra masa.

COLABORACIÓN EN "EL CERCANO"

Comezo a colaborar con El Cercano a partires do 18 de xuño do 2010. Unha pequeña colaboración en castelan para non perder contacto coa miña segunda lingua. A sección chámase LA BALSA DE PIEDRA, na honra a un dos meus autores de cabeceira. As colaboracións serán publicadas de xeito semanal.

TOXOSOUTOS PUBLICARÁ "A VILA DAS ÁNIMAS"

A editorial galega TOXOSOUTOS (Noia, A Coruña) publicará en breve miña novela A VILA DAS ÁNIMAS. Por fin os persoanxes de Quintela do Pombal verán luz.

Non a perdades, penso que cobrou vida propia e que merece a pena testemuñala.

 

www.toxosoutos.com

COLABORACIÓN: EN EL ENVÉS DE LA LUNA

Vengo de participar en el libro colectivo con autores bolivianos En el envés de la luna.

Los autores del libro son:

  • Rosse Marie Caballero
  • Celsa Barja
  • Paz Padilla
  • María José Blanco
  • Homero Carvalho Oliva
  • Jorge Emilio Bóveda
  • Óscar Barbery
  • José Antonio Santos

Mi aportación son dos cuentecitos en castellano (obviamente): CEMENTERIO DE ELEFANTES y EL GEONAUTA.

COLABORACIÓN NO XORNAL CERTO DO BARBANZA

A partires do martes 13 de Abril do 2010 comezo a colaborar co xornal dixital Certo en cualidade de articulista; cunha sección titulada PERSPECTIVA CABALEIRA. Nova aventura.

 

Aquí: www.certo.es

MIÑA OBRA NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE OURENSE

 

 

 

Gracias á xente do Círculo Poético Ourensán, miña obra está dende o día 30 de marzo do 2010 a disposición dos lectores na biblioteca pública municipal de Ourense. O lote entregado por José A. Santos e José Ramón Fernández está composto polos seguintes volumes:

 

 

 

  • Triloxía páez de novelas en castelán formada polos seguintes títulos:
    • Proyecto allende (Liberlibro).
    • Efecto Sufijo (Liberlibro).
    • El Tercer Motivo (Liberlibro).
  • Novela en castelan Baúles (Liberlibro).
  • Colección de relatos en castelán titulado Vuesencia (Liberlibro).
  • Colección de artisóficos en galego titulado SERES ESTARES PARECERES. VOCES COPULATIVAS (Liberlibro).
  • Novela en galego MÄLSTRÖM ou a caixa do correo (Bubok publishing)
  • Libro conxunto con Estrella Casares e Valentin Barreiros titulado NUDOS.

Aparte, a doazón principal, composta por dous lotes de exemplares das dúas primeiras publicacións do CPO: Colectivo 1 e Mundos por descubrir.