SERES ESTARES PARECERES. VOCES COPULATIVAS

Trátase dunha colección de artigos publicados entre 2007 e 2009 nos medios www.mundourense.com e Ourense por Barrios,  aos que me gusta chamar “artisóficos”. Por ser artigos aparentemente impersoais -de “ideas”- falados por diversos personaxes do meu maxín, que constitúen voces que se unen entre elas (copulan) para amosarnos unha cadea reveladora da condición humana.

“Artisóficos” quizais espesos, acaso terapéuticos, si moi persoais, pero despersonalizados; pivotando case sempre en temas (e teimas) que atanguen ás relacións sociais. Falados por boca duns personaxes habitantes nun limbo de existencia (Arcadio Tambodía, Leandro Vázquez, Visitación Salgado, Mateo, Xacobe o desmesurado, o gato, Alexis Gil Gámez, o crononauta, CArlos SUñer ALvarez...). Perspectivas ousadas sobre ideas propias e sobre as ideas dos pensadores máis agudos, das situacións sociais máis rutineiras, ou dos comportamentos máis estendidos e ousados aos que case nunca lles atribuímos causa, e cos que vivimos con resignación. Estampas de vida vividas por calquera, pero interpretadas dun xeito audaz polas distintas voces que o meu foro interior pide a berros emitir.

 

ADQUISICIÓN:

 

Se o queredes físicamente, en formato libro romántico de apalpar e ulir hai dúas vías:

www.liberlibro.com (web da editora)

www.torga.net Libraría Torga, Rúa da Paz 12 32005 Ourense Tfno: 988250737 torga@torga.net

 

Se o queredes en formato de libro electrónico podedes follealo e descarregalo aquí:

 

 

SERES ESTARES PARECERES. VOCES COPULATIVAS
SERES ESTARES PARECERES. VOCES COPULATIV
Documento Adobe Acrobat 912.7 KB

PRESENTACIÓNS

 

O LIBRO FOI PRESENTADO O 10-III-10 NA AULA CULTURAL DO LICEO

 

Moitas gracias a todos os asistentes e tamén aos que por motivos laborais e outros motivos non estivéstedes pero sei que me apoiades neste asunto da literatura.

ENTREVISTAS