O SOL DO PASADO

A familia Bouza, habitante dunha Galiza en crise socioeconómica nun futuro inconcreto, vese na obriga de emigrar na procura de mellores oportunidades laborais...

 

Contra todo o previamente coñecido polo lector, emigrarán ao longo da liña do tempo, cara o pasado. Recaendo nun lugar chamado Auria en tempo de bonanza económica grazas a un apoxeo no sector inmobiliario.

 

Pero a realidade semellará non ser como a estimaran, chegandose a descubrir cousas insospeitadas para todos os membros da familia: inmigrantes do tempo baixo un sol do pasado.

 

BOOK TRAILER

PRESENTACIÓNS

FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO 2014

 

O pasado 1 de maio do 2014 presentouse a novela en Santiago de Compostela. Na feira do libro. Acompañado do editor David Cortizo e o tamén escritor Tomás González Ahola, que presentaba seu libro Alaia e a deusa. Foi unha presentación atípica, xa que o editor, David Cortizo, nos fixo preguntas a ambos sobre nosa obra e noso xeito de ver a literatura.

FEIRA DO LIBRO DE OURENSE 2014

 

 

O pasado 6 de xuño, meu editor de Urco, David Cortizo, máis eu, presentamos a novela ante un nutrido grupo de asistentes. O acto foi moi ameno debido ao sistema de preguntas ao autor ideado por David. Previamente estiven na casopa da libraría Cartabón de Compostela asinando exemplares do libro. Moitas gracias dende aquí a todos os asistentes.

MENCIÓNS EN PRENSA

CRÍTICAS

RAMÓN NICOLÁS

No Fugas o 5 de setembro do 2014
No Fugas o 5 de setembro do 2014

CÉSAR LORENZO

PAULA FERNÁNDEZ

No faro de Vigo do 2 de outubro do 2014
No faro de Vigo do 2 de outubro do 2014