A MORTE VÉN EN CHANCLETAS.

PROBLEMAS NOVOS PARA LEOPARDO

 

 

 

 

 

Leopoldo Pardo e a súa dona acoden ao pazo de Ribada a pasar unha idílica fin de semana de turismo rural. A viaxe é o premio sorpresa que él recibe cando é absolto nun xuízo logo de botar dous anos en prisión provisional.
E o que pintaba bucólico e pacífico devén na experiencia máis traumática e e surrealista das súas vidas.

BOOKTRAILER

POR QUE?

Pode tratarse dunha continuación da novela Divina de la muerte: Asasinato no centro comercial, ou non, pois é perfectamente lexible e comprensible como unha obra independente. Debedora, inda que non tanto, das novelas de enigma en sitio pechado (O misterio de cuarto amarelo de Gaston Leroux, Os crimes da rúa Morgue de Edgar Allan Poe...) e das novelas de culpable entre varios nacido en Inglaterra que daría no subxénero do "Whodunit" que, dende as décadas dos 1920, 1930 e 1940 fixo proliferar un torrente de obras de semellante estructura que non tardou en saltar ao cine, ao ser a linguaxe literaria e a cinematográfica primas irmás, facéndose tan popular que moitos esquecen as orixes literarias.


Esta obra é diferente no senso de que se aproveitou o medio ou o fondo para a crítica social a moitos niveis: dende os conflitos humanos máis baixos ata o mundo editorial, pasando por problemas como a reconversión do rural en destino turístico ou a falta de lectura no cidadán medio. En cando á forma tentouse enchoupar a prosa de cáustica ironía (case sarcasmo) e de demostración dun fondo amor polos libros e pola literatura.

PROGRAMAS RADIO

CRÍTICAS