A XANELA ESCURA

O PRIMEIRO LIBRO GALEGO SOBRE HISTORIA DO CINEMA DE TERROR!!!

 

A editorial de Santiago de Compostela Urco Editora, publicou a obra A XANELA ESCURA. TRES ARQUETIPOS DO TERROR NA CINEMA. SANGUE, VIDA, E VIDA TRALA VIDA. Na sua coleccion Alcaian.

"Continuando coa Colección Alcaián, nesta ocasión comprácenos presentarvos o segundo título dos nosos autores galegos. Trátase d'A xanela escura. Tres arquetipos de terror no cinema, un ensaio que percorre tres tópicos fundamentais do cinema de terror: os vampiros, o sangue e os zombis. Desde unha perspectiva moi amena, Jorge Emilio Bóveda permítennos comprender as bases dos tópicos fílmicos dos que tanto gustamos". (A editora).

 

"Ten nas súas mans o primeiro libro galego sobre cinema de terror.

Pero non tema. Non está escrito por un friki que non ve alén dos seus solitarios praceres, nin por ese crítico que só gusta das películas que tratan da problemática social de Uzbekistán. Non. Está escrito por alguén como vostede, alguén que conxuga o san e incondicional amor polo xénero do fanático, co coñecemento enciclopédico e co rigor do estudoso. Só así se puido acadar esta obra que vostede sostén nestes intres: o mergullamento nos alicerces arquetípicos do terror, un percorrido que mostra como os símbolos fundamentais do xénero mutan e sobreviven a través das décadas, quizais como as propias criaturas"... (Rubén Blanco)

 

 

BOOK TRAILER

PRESENTACIÓNS

A PRIMEIRA PRESENTACIÓN TIVO LUGAR O DÍA 1 DE MAIO DO 2011 NA FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ÁS 19:30 HORAS.

A SEGUNDA PRESENTACIÓN DA OBRA TIVO LUGAR EN OURENSE, NA LIBRARÍA TORGA, O 27 DE XANEIRO DO 2012

CRÍTICAS

recensión do Faro de Vigo
recensión do Faro de Vigo
recensión na Opinión da Coruña
recensión na Opinión da Coruña

ENTREVISTAS

SINATURA DE LIBROS NA FEIRA DO LIBRO 2013