MÄLSTRÖM

ou a Caixa do Correo

É unha historia introspectiva, de ideas, sobre Alma Vicuña do Ermo, unha muller entrada nos trinta que toma un tempo sabático despois dunha relación sen sabor co seu noivo de toda a vida, Cosme, verquendo seu cariño e atencións no seu fiel can Lobo (nome posto pola admiración que sinte a protagonista polo escritor portugués António Lobo Antunes).
A aparición dunha carta misteriosa na súa caixa do correo pode supoñer a apertura dunha cancela insospeitada a unha dimensión distinta...

A noveliña é unha defensa do desiderátum aquel que nos mantén con vida. O perpetuo desexo que, tras ser cumprido, condúcenos a outro que se fusiona co anterior, nunha sucesión desiderativa; o desexo constante. É un mergullarse nas augas que nos levan polos costumes banais desta sociedade que cambia só por fora, onde o auténtico quizabes sexa só o amor. Se é que se entende o que é o amor en realidade.

A venta do libro realizase a través da internet, na seguinte dirección: http://www.bubok.com/libros/2295/MALSTROM-ou-a-Caixa-do-Correo e pode ser voso polo módico prezo de 8,07 €uros en formato de libro romántico para apalpar e ulir e apertar, e de 2 €uros en formato de libro electrónico (PDF).

FRAGMENTO

Escribir comentario

Comentarios: 0