RELATOS

SENTENZAS DE VOLTA

Relato lido nun programa de Telemiño.

VUESENCIA.

NARRACIONES INQUIETANTES, GROTESCAS Y ESPERANZADORAS.

 

Recollo nun libro unha antoloxía de relatos en castelán (uns 50), recollidos nas dúas coleccións La Bandera del Alma e La Caja y Otras Historias, “escribidos” dende 1998 ate 2002. Trátase do libro titulado Vuesencia (Liberlibro 2008) que compendia historias dedicadas aos sentimentos más baixos e máis altos, e máis nada, dos seres humanos.

 

Vuesencia tiña que ser. É un libro que compendia os case cincuenta relatos que perpetrei desde que sentín a necesidade de purgar sentimentos en forma de narración breve, en 1997, até 2002, ano no que puxen colofón (provisional) á miña fase contista. Ano dun punto clave no xeito que eu teño de ver literatura, xa que decidín darme en profundidade á novela e ao ensaio (non só escribir senón tamén, e tan importante, ler) e ás colaboracións xornalísticas con pouso de pensamento fondo.

 

Tiña que ser. Aquí queda Vuesencia coa aperta do escritor que se consagra consigo mesmo día a día. Buscando a súa esencia.

 

Vuesencia é unha antoloxía de relatos desiguais que falan de vostede, de min e de calquera. A maioría dos cales están recollidos nas coleccións do autor La Bandera del Alma (2002) e La Caja... y otras historias (2004). Algúns deles corresponden coa época da novela Proyecto Allende (liberlibro 2003) e o lector espelido recoñecerao no caracter aparentemente expositivo e näif deles.

 

Vuesencia despéndenos unha bebida fría, quente, doce, amarga ou desagradable a través da súa agrupación en tres bloques para unha maior “coherencia”:

  • Relatos Amarelos ou grotescos, que, entre outras cousas, chiscan ao surrealismo e tratan de debuxar sorrisos de desasosego e outros sentimentos afíns.
  • Relatos Verdes ou esperanzadores, que concitan sentimentos variados que converxen nunha gran ama de cría chamada esperanza.
  • E Relatos Negros ou inquietantes que, entre outras lindezas, móstrannos os diversos tipos de esencias que flotan sobre a casca desta mandarina xigante que vira.

 

Este libro, ilustrado por min mesmo como mellor puiden (catro páxinas de ilustracións, tampouco pensen que é un comic), forma parte da estadía nun chanzo literario do pasado e está á vosa disposición de dous xeitos diferentes:

 

1.- Gratuitamente, en formato libro electrónico aquí:

Vuesencia. Narraciones inquietantes, grotescas y esperanzadoras
Vuesencia.pdf
Documento Adobe Acrobat 3.4 MB

2.- En formato “romántico libro tanxible para apalpar e ulir” polo prezo de 24 € (350 páxinas) temporalmente na oficina de mundourense.com e Ourense por Barrios, e máis adiante estará nalgunhas librarías da cidade.

DIÁSPORA RELATÍSTICA POR INTERNET

"Reflejos de realidad" y "Extrañas misivas" en la editorial digital "Mondo Kronhela Literatura".

"Un cambio en su vida", "Oro" Y "Plantar un árbol..." en la web literaria tusrelatos.com.

"La caja", "N+1", "Un último estertor", "Flor de Lis", "Flor de campos elisios" y el articuento "Aser Maestro" en la editorial digital Atramentum.

"Quien bien te quiere" y "El esputo del sumiso" por ediciones El parnaso.

 

"Tercero izquierda" en Novo Mester de Juglaría

Escribir comentario

Comentarios: 0