NOVELA GAÑADORA DO 2º PREMIO "DO PEIRAO" DE NOVELA FALLADO EN NOVEMBRO DO 2018

Eternos propietarios (Do Peirao) é unha novela de protagonismo colectivo, centrada no vivir cotián dos membros dun bloque de pisos que son convocados a unha reunión de veciños. Cada capítulo desta obra vai presentándonos os inquilinos dun dos inmobles, amosando as súas relacións problemáticas coa veciñanza e revelando as súas ansias e temores, odios e paixóns, esperanzas e frustracións, que fan da comunidade unha auténtica polvoreira de emocións que acabará por estoupar na xuntanza do remate da obra, que conclúe dun xeito ben sorprendente (Armando Requeixo).

O crítico literario Armando Requeixo falou de Eternos Propietarios na Radio Galega xunto coa novela de Manuel Portas Por puntos.

Pódese escoitar o audio na seguinte ligazón:

 

http://www.diariocultural.gal/podcast/lemos-por-puntos-e-eternos-propietarios/