DIVINA DE LA MUERTE. ASASINATO NO CENTRO COMERCIAL

Logo de decidir publicar esta novela co meu propio nome, no canto do heterónimo Miguel Vásquez Beltran, ofrézoa grazas á editora santiaguesa Enxebrebooks homenaxeando por unha banda aos mestres literarios clásicos do razoamanto dedutivo, e, particularmente, a aqueles abnegados escritores de bolsilibros das décadas dos cincuenta e sesenta no estado español, como Curtis Garland ou Keith Luger.

 

SINOPSE


Leopoldo Pardo, vixilante de seguridade no centro comercial dunha cidade pequena, quere demostrar ao mundo que serve para algo máis que para indicar ás señoras como localizar os cuartos de baño.
Súa oportunidade xorde cando atopa a unha fermosa dependente da tenda de roupa máis prestixiosa do Comercio Central morta en circunstancias estrañas.
Decide, entón, resolver a morte da rapaza no menor tempo posible para poñer en boca da sociedade todo canto el vale.

 

Estará a disposición dos lectores a partires da última semana de xullo en formato epub e pdf, e en formato de libro físico a partires da primeira semana de agosto.

 

POR QUE?

Homenaxe aos facedores de literatura popular. Como os abnegados de Bruguera que, nunha época sen internet, daban ao prelo tres novelas por semana. Unha literatura non profunda e bañada en clixés e tópicos cinematográficos, pero que supuxo fonte de inspiración a moitos escritores consagrados da vertente “ortodoxa” da literatura. Pero un modo de escribir, o de estes homes e mulleres que moitas veces cambiaban seus nomes e/ou facían de escritores negros para outros autores, que nos debería facer pensar que, por moi malo que sexa un libro, ten detrás unhas horas de traballo e dedicación nas que poucos reparan.

 

 

ALGÚNS LUGARES PARA ADQUIRILA EN FORMATO EPUB OU PDF:

 Páxina da editorial:

http://www.descubrebooks.com/index.php?id_product=84&controller=product

 

Amazon:

http://www.amazon.com/muerte-Asasinato-comercial-Spanish-ebook/dp/B00E9H44L6/ref=sr_1_8?ie=UTF8&qid=1375649334&sr=8-8&keywords=divina+de+la+muerte

 

Sitio BiblioEteca:

http://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/divina-de-la-muerte.-asasinato-no-centro-comercial

 

Salvantor:

http://www.salvantor.com/divina_de_la_muerte._asasinato_no_centro_comercial-4312.html

 

Sinetit:

http://www.sinedit.com/site/content/divina-de-la-muerte-asasinato-no-centro-comercial

 

PRESENTACIÓNS

PRESENTACIÓN NO CULTURGAL 2013 CON PERE TOBARUELA E A EDITORA ALY ROMERO

Tiven a idea de propoñerlle a un dos escritores máis prolíficos do país a presentación do libro polo seu caracter de homenaxe aos facedores de bolsilibros.

 

Divina de la muerte, aparte de estar tamén influenciada por eses autores hiperactivos, é como unha desas pílulas amargas que son cubertas de almíbar ou azucre para camuflar o seu mal sabor.

A parte doce neste caso é un enigma policial ao estilo das primeiras novelas negras victorianas (salvando distancias e calidades) que atrapa na súa lectura.

A parte amarga é o seu trasfondo terriblemente real reflexo dunha sociedade na que cada vez priman máis os antivalores:

 

A xenreira, como a que senten varios personaxes, cobiza, ou a maldita envexa subxacentes na historia, o superficial e rápido, como se aprecia no trasfondo onde transcurre a historia.

A falta de esforzo, como o protagonista principal, que arela que o cacique da cidade o coloque a dedo nun traballo máis lucrativo e de menos esforzo. Pensar que as cousas ocorren de xeito instantáneo, sen preparación nin dedicación. A falta de valoración no tesón dos demáis, os clientelismos, como a red que subxace na organización do Comercio Central, o consumo exacerbado e ás veces inútil, a ausencia de horizontes vitais, como os rapaces ociosos que humillan ao personaxe principal, o enriquecemento rápido para seguir o tren da modernidade, como o personaxe que inviste parte do salario en loterías, a insinceridade, pensar que o bo é a inacción, como o personaxe que di que ten un chollo bo porque non a raña...

 

Por outra banda a novela ten unha deliberada motivación lingüística no seu título e nos diálogos dalgúns personaxes, reflectindo a maldita teima de pensar que é sofisticado e moderno todo o que estea expresado en castelán, dando lugar a situacións ridículas cando tratamos de traducir ao castelán expresións galegas.

ALGUNHAS FOTOS DO EVENTO

PRENSA E CRÍTICAS

ENTREVISTA NO "BARRIOS" DE OURENSE CO GALLO DA PUBLICACIÓN DO LIBRO

VÍDEOS

CARTEIS