A VILA DAS ÁNIMAS

  XA EN LIBRARÍAS!!!

SINOPSE

Xan Ferreira, entusiasta lector de sesenta e pico anos, dirixe o seu coche vello nunha noite de trebón cara a casa da súa ex dona para recoller a última caixa de libros tras ter consumado o proceso de divorcio. Detén o coche preto da súa aldea de orixe para pensar, reflexionar e tentar recapacitar a súa actitude coa súa dona e coa súa filla sen ser consciente de que está a piques de vivir a noite más extraña da súa existencia. Unha experiencia entre dous mundos chamados Quintela do Pombal: o mundo da aldea de antes e o mundo da aldea de agora.

 

POR QUE?

É un alegato en contra do absolutismo do tempo. É unha novela ultrairónica que trata con orixinalidade o drama da espoboación das aldeas e a “reconversión” das mesmas en zonas onde se practica o inefable turismo rural. É unha visión sobre o inxenuo que é o xénero humano á hora de agardar que as cousas cambien, cando en realidade, para unha meirande parte das persoas as cousas veñen determinadas. Sobre a estulticia, a tristeza que produce interatuar con seres que pasan pola vida sen consentir que a vida pase por eles. A busca persoal, a evitación intensa da desmemoria, as orixes, a desmitificación dos seres que levan mortos algún tempo. Por que temos que mitificar aos nosos bisavós se non sabemos que clase de persoas foron??? É unha novela altamente simbolista onde todo ten un por que. Que bebe das fontes clásicas da literatura e das lendas das tradicións celtas e nórdicas. Unha novela que ben se puidera ter subtitulado: A VERDADEIRA NOITE DE WALPURGIS. Deixando patente que é un traballo atípico no que se conxugan a ironía, o desacougo, o ambiente das grandes obras románticas, un forte pouso cultural e literario e uns diálogos contundentes que lembran por momentos a unha obra ensaística necesaria

 

Publica TOXOSOUTOS e ten limiar do moi recoñecido escritor ourensán Ramón Caride Ogando, autor de máis de corenta libros. Penso que co comezo do novo curso escolar, a partires de setembro, estará nas librarías.

A XEITO DE BOOK TRAILER

PRESENTACIÓNS

PRESENTACION DA NOVELA. 16 DE SETEMBRO DO 2010

Foto: www.tempodelecer.info
Foto: www.tempodelecer.info

ESCOITA UN FRAGMENTO DA PRESENTACION EN AUDIO

Fragmento en audio da presentacion da novela
fragmento presentacion A VILA DAS ANIMAS
Formato de video Windows Media 762.2 KB

GALERIA DE FOTOS DO EVENTO

PRENSA E CRÍTICAS

VIDEOS

PROGRAMA "ROMPECABEZAS" DE TELEMIÑO

FRAGMENTO LIDO POLO AUTOR CANDO ESTABA INÉDITA

FALAMOS DE "A VILA DAS ÁNIMAS" NA "TERTULIA" DE TELEMIÑO