Pages to the People

DE QUEN ME TRATO?

JORGE EMILIO BÓVEDA

 

ONTE

Mal estudante, axente de seguros, peón industrial, repoñedor, limpador, auxiliar de produtos de libre servizo nun supermercado, mecanógrafo por encargo, enquisador, por pouco collo un bar cun amigo, profesor de informática e inglés en academia, profesor particular a domicilio, manchador na sombra de centos de papeis.

 

HOXE

Escritor por vocación, debuxador por afección e mestre de primaria e inglés por profesión.

 

Formación

- Diplomado en maxisterio pola rama de Lingua Estranxeira: inglés.

- Habilitado na especialidade de Lingua e literatura castelás.

- Oposición ao corpo de mestres pola rama de inglés gañada en Xullo de 2002.

- Cursos variados  que van da informática educativa á creación literaria.

 

Dedicación

- Mestre de 6º de EP e de inglés en 3º e 4º de EP (curso 2011-2012).

- Escritor membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega ( http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor342 ).

- Relator de cursos de creación literaria.

- Colaborador articulista en http://www.mundourense.com/elfotomaton

- Colaborador articulista no xornal impreso Ourense por Barrios.

- Artífice da tira cómica mensual de Ourense por Barrios "A Papeleira de Reciclaxe"

- Once publicacións propias e varias colectivas a día 30 de setembro do 2011.

 

+ info na wikipedia